Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Barca de Muxía, festa de interese turístico nacional

    Muxía 2011 - Romaría da Barca - cartel pequenoE se falabamos anteriormente da Guadalupe de Rianxo, outra das gordas celébrase estes días na Costa da Morte: a Romaría da Barca, en Muxía. Durante catro días festa rachada en terras muxiás con música a case calquera hora do día, e da noite.

    Tres agrupacións amenizarán a primeira xornada, outras tres a noite do sábado ata ben entrado o día, dúas máis para o domingo e outras dúas para a festa do luns, máis encamiñada aos veciños da vila. A maioría das orquestras e grupos contratados repiten en Muxía e así as formacións musicais TROLE, LIMÓN e METRÓPOLIS serán as encargadas da verbena do venres, SAMBA, TEKILA e a orquestra NUEVA GENERACIÓN farano o sábado durante toda a noite. A orquestra GALILEA fará a sesión vermú despois da espectacular e sonora traca de pólvora, e pola noite estará acompañada da orquestra COSTA OESTE. E para o luns, os veciños resérvanse as orquestras EL COMBO DOMINICANO e PANORAMA. Incluso algúns negocios que estiveron abertos durante os tres primeiros días de festa cerran para poder gozar dunha xornada festiva, pero tendo en conta o nivel das orquestras moito nos tememos que volverá haber avalancha de visitantes no porto de Muxía para a última xornada de festas.

    A Romaría da Barca é unha das de maior tradición de toda Galicia. Xente de todos os puntos da nosa xeografía viaxan ao santuario da Barca esta fin de semana. Outros, en busca de festa, acampan durante estes días nos lugares permitidos para tal fin. Muxía multiplica a poboación esta fin de semana e a asistencia ás festas é tal que os accesos á vila mariñeira soportan importantes caravanas de vehículos. Aínda que a ocasión ben merece esperar a cola e sufrir para aparcar o coche; estamos a falar dunha das principais citas festeiras de toda Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook