Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Charleston cerra con éxito María Pita 2011

    A Coruña 2011 - Romería de Santa Margarita - fotoFoto tomada na tarde de onte (domingo 28), no segundo día da Romaría de Santa Margarita, no auditorio ao aire libre do parque coruñés onde teñen lugar as principais actividades festivas, incluídas as verbenas. Fotografía: Eduardo García Santiago.

    Ás 23.00 horas en punto oíanse os primeiros foguetes da sesión pirotécnica que anunciaba a fin de festas María Pita 2011 no Parque de Santa Margarita coruñés. A romaría do parque é a última cita festiva na cidade cada mes de agosto. Coma sempre, un día de romaría con diversas actuacións, o famoso concurso de empanadas, unha actuación orquestral e os fogos despiden a celebración romeira e tamén as festas de María Pita.

    Se o ano pasado era EL COMBO DOMINICANO a orquestra encargada da verbena en Santa Margarita, en 2009 MARBELLA, en 2008 a PHILADELPHIA e en 2007 a PANORAMA, este ano tocoulle á padronesa CHARLESTON BIG BAND. A orquestra encheu o auditorio do parque e ofreceu, como é habitual, un repertorio para todos os públicos. A dianteira da orquestra (Rita Barreiro, Raúl Paz e Fran Pahino, aos que se lles suma nalgún tema Suso Lapido, o percusionista da banda) pasou polos temas máis actuais do momento en diversos estilos musicais (cumbia, merengue, pop, e música dance) para poñer o broche final a unhas festas marcadas pola austeridade nalgúns aspectos como os grandes concertos, pero que permitiu seguir traendo orquestras aos distintos barrios coruñeses con moita afluencia de xente; especialmente o día 13 coa actuación de EL COMBO DOMINICANO e a ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS, que encheron o Paseo Marítimo como nunca antes o fixera ningunha orquestra.

    O ano que vén a cidade herculina volverá celebrar as súas festas do verán intentando ofrecer un cartel para todos os gustos e esperando, pola nosa parte, que se teña en conta que a xente quere máis verbenas populares para todos os públicos e que, quizais, sexa mellor menos días de festa pero maior calidade e implicación do público.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook