Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A chuvia estraga a fin de festas en Lalín

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 37 As orquestras Panorama (na imaxe) e Pontevedra levarán a cabo proximamente as actuacións suspendidas onte en Lalín / © Foto: roxegar 2012

    As orquestras PONTEVEDRA e PANORAMA non puideron actuar onte en Lalín para cerrar as festas das Dores, as máis importantes do concello. Aínda que a auga e o vento fixeron acto de presenza en practicamente todos os días de festas, acordouse coas orquestras citadas buscar unha data próxima para levar a cabo as que serían as últimas actuacións verbeneiras do programa de 2012 pola prodición desfavorable do tempo para a noite de onte.

    Xa pola tarde as orquestras informaban nos seus muros das redes sociais sobre a suspensión da actuación en Lalín e anunciaban que se buscaría outra data próxima para levar a cabo esa actuación. Mañá xoves a orquestra PANORAMA actuará en Cea, outra das datas que se tiveron que suspender por causas meteorolóxicas.

    Noticia en FARO DE VIGO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook