Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A chuvia volve alterar o Entroido galego

    A Coruña 2013 - Entroido - cartelA chuvia obriga a suspender a gran festa infantil do Entroido coruñés

    Despois dunha noite moi fría na que mesmo a neve fixo acto de presenza nalgunhas zonas, hoxe é o día grande do Entroido en Galicia. Día en que nalgúns concellos é festivo local pero cunha previsión meteorolóxica nada favorable. E é que a chuvia volveu estragar, igual que o fixera o domingo, os actos programados para esta tarde nalgúns lugares. É o caso, por exemplo, de Rianxo, onde se suspenderon todas as actividades. Tamén na Coruña, a gran festa infantil programada para esta tarde quedou suspendida por mor da chuvia. No concello barbanzán da Pobra do Caramiñal aprazouse o desfile de carrozas previsto para esta tarde ata o próximo venres ás 17.30 horas.

    Outro Entroido "tocado" pola meteoroloxía é o de Salceda de Caselas. Se o pasado domingo adiaban todos os actos programados, hoxe fan o propio cos desfiles de Castro Barreiro e A Feira. Aínda así parece que as verbenas programadas si terán lugar nestes dous lugares de Salceda "enfrontados" polo Entroido. O desfile de carrozas e comparsas previsto para as 17.00 horas queda posto na axenda para o vindeiro sábado á mesma hora. Esperemos que para daquela o tempo sexa máis favorable.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook