Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A combinación secreta de Ale & Álex en Luar

    ale-y-alex-2010-fotoAle & Álex presentan disco dentro dunhas horas no Luar da TVG (venres, 21.30 horas)

    Ale(jandra Pais) e Alex(ander Rodríguez) preséntábannos hai xustamente un ano a súa nova proposta musical, que apuntaba alto para a temporada nas salas de toda Galicia: ALE & ÁLEX & LA COMBINACIÓN SECRETA.

    Xa desde o principio o novo proxecto estaba constituído por toda unha serie de músicos, de maneira que o traballo da parella estaba apoiado por unha banda de 10 profesionais: 4 metais (2 trompetas, un trombón e un saxofón), 3 percusionistas, piano e baixo ademais de corista. A formación resultante formaba LA COMBINACIÓN SECRETA.

    E aínda que xa desde o principio ALE & ÁLEX podían funcionar como dúo independente de LA COMBINACIÓN SECRETA, este formato foi finalmente o que tivo máis saída e o dúo de artistas funciona actualmente en salas, pubs e distintos locais ofrecéndonos un tipo de música moi persoal.

    Trátase dunha formación musical especializada en música e bailes específicos. A experiencia de Alexander Rodríguez, ex CHARLESTON BIG BAND e na temporada 2009 a fichaxe estrela de LOS PLAYER’S, e de Alejandra Pais Bugallo como vocalista na orquestra coruñesa CENIZA, formación coa que compaxina este proxecto, nótase na nova banda. Pero a bagaxe de ALE & ÁLEX é moito máis ampla. Alejandra formou parte da formación Acuna's Quartet e compartiu escenario con músicos de prestixio como Jhon Taylor, Kenny Wheeler, Cennet Jhonson entre outros; mentres que Alexander fixo o propio con artistas como Gilberto Santa Rosa, La India de Puerto Rico, Cheo Feliciano, Tito Nieves, Los Melódicos, La Billo's Caracas Boys,  Natalia (OT), Albano, etc.

    A propia Ale infórmanos sobre o tipo de música que ofrecen: “A nosa proposta presenta o que denominamos o mellor da música latina, pasando pola salsa, o merengue, a bachata, o chachachá, pop latin, cumbiatón, cumbia pura, porro ou bolero. Cremos que tratamos todos os xéneros que involucran a este tipo de música en xeral”.

    Á parte de todo o repertorio nomeado anteriormente, a artista engade: “Facemos tamén os temas da nosa máis recente produción, un disco no que puxemos toda a nosa ilusión e empeño en facer o que máis nos gusta e nos enche”.

    E ese disco preséntase dentro dunhas horas no programa da TVG LUAR. O nome: ALE & ÁLEX, la combinación secreta. Unha proposta que de seguro non nos deixará indiferentes.

    E no ámbito da verbena, os dous artistas, xuntos tamén nunha orquestra, seguirán ofrecendo o seu traballo en CENIZA; formación orquestral da Coruña, onde poderemos ver tamén a novísima Lidia Sueiro, procedente de CHASTON, como segunda voz feminina da orquestra.

    Pero esta noite toca ALE & ÁLEX presentando disco na televisión autonómica.

    __________________________________________________________________________ Para contar con ALE & ÁLEX & LA COMBINACIÓN SECRETA pódese chamar aos seguintes números de teléfono: 628 100 413   -   666 60 25 04

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook