Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Noviembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A cuarta de Peisaco

    A Laracha 2013 - Festas de San Martiño en Paiosaco - cartel

    A localidade larachesa de Paiosaco (ou Peisaco para os veciños e visitantes da zona) celebra esta fin de semana a festa do San Martiño. Paiosaco convoca no seu tradicional campo da feira polo menos catro veces, a veciños e visitantes, para as súas festas: ademais dalgunha outra cita "menor", as festas patronais do Sacramento (polo Corpus), son as primeiras, despois veñen, moi achegadas no tempo, pois son a primeira fin de semana de xullo, as tradicionais Festas das Cereixas. Xa fóra da "temporada alta", a Festa das Fabas, e agora o San Martiño, completan o calendario das citas máis salientables en Peisaco.

    CIUDADEVIGO (que xa actuara en sesión vermú polas festas patronais da Laracha) é a escollida para a verbena grande deste ano. O dúo OMEGA actuará na xornada do domingo. Ademais de música, o apartado gastronómico cobra importancia neste tipo de celebracións.

    Para a próxima volta coas festas de Paoisaco, estaremos xa a falar da primeira festa de 2014, será de novo o Sacramento. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook