Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Feira do Viño de Chantada vai para os 30 anos

    Chantada 2011 - Festa do Viño - cartelCartel da 29ª edición da Feira do Viño de Chantada

    Cúmprese 29 anos da primeira edición da Festa do Viño de Chantada. Durante esta fin de semana, a cita de exaltación dun dos produtos máis típicos da zona.

    A cita festeira inclúe a feira do viño nos stands instalados para o evento, atraccións de feira e verbenas. A celebración do Viño en Chantada non podía empezar de mellor maneira. Hoxe venres levarase a cabo unha macroverbena con tres orquestras de primeira liña: LOS TROVADORES, SOLARA e RITMO JOVEN.

    No escenario da orquestra SOLARA, as tres formacións musicais presentarán a temporada 2011 e ofrecerán unha verbena desde as 21.00 horas ata altas horas da madrugada.

    Mañá sábado, a música estará da man, de novo, da orquestra SOLARA acompañada polo grupo AMÉRICA SL. Domingo, día grande, despois do pregón, música en sesión vermú, e xa pola noite, última verbena a cargo das orquestras TRÉBOL e COMPOSTELA.

    Toda a información na páxina web do Concello de Chantada.

    Los Trovadores 2010 - orquesta - cartelTres formacións musicais de Sito Mariño Espectáculos amenizan unha noite enmarcada como Festival de Orquestas na Feira do Viño de Chantada: Los Trovadores, Solara e Ritmo Joven

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook