Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A festa apodérase de Areas

    Orquesta Filadelfia 2013 - cartel pequenoMiguel Caldas é a nova incorporación á dianteira da orquestra Filadelfia en 2013

    O lugar de Adragonte, en Areas (Paderne), estará de festas o vindeiro sábado. A cita festeira vai camiño de converterse en obrigada neste municipio da zona betanceira. Este ano vai xa pola VII edición.

    A gran churrascada e a actuación dunha orquestra de renome son as cartas coas que xogan en Areas para a celebración do xa popular encontro. A partir das 20:30 terá lugar a gran churrascada e a partir das 23:30 a actuación da orquestra FILADELFIA.

    Despois de seis edicións nas que en cinco delas actuou a afamada orquestra OLYMPUS de Negreira, este ano será FILADELFIA a encargada da gran sesión verbeneira. No campo da festa haberá unha gran carpa con climatización. Á parte disto, tamén haberá mesas e cadeiras para que o público poida degustar o churrasco o máis cómodo posible. Con esta infraestrutura, bo produto para cear, sorteo de 300 euros, boa música para bailar co espectáculo da orquestra FILADELFIA e unha sesión DJ despois da verbena a cargo doe DAVID EXPÓSITO, de Radio Líder, esta noite de sábado o festón vaise apoderar de Areas. É a primeira gran cita festeira do ano na zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook