Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Festa da Fagía ofrece un dos mellores carteis festeiros da zona

    Vimianzo 2012 - Festa da Fagía en Carnés - cartelCoas orquestras SINTONÍA DE VIGO e MARBELLA comezaban hoxe as celebracións do día grande da Festa da Fagía en Carnés (Vimianzo). Unha festa gastronómica (polo menos na primeira xornada festiva) que non deixa de ser un adianto a outros catro días máis de celebración, pois durante cinco días pasarán pola pequena localidade vimiancesa orquestras e grupos de todos os estilos.

    As orquestras PARÍS DE NOIA e a coruñesa ALARMA serán as encargadas de amenizar o segundo día de festas. GRAN PARADA e o grupo SAMBA farán o propio o terceiro día (mércores). A orquestra FANIA BLANCO SHOW e o grupo CICLÓN serán os encargados da verbena do cuarto día, e para rematar, a orquestra PALLADIUM acompañada do espectáculo dunha discoteca móbil poñerá o broche final en terras de Soneira o próximo venres. Podemos dicir que durante case unha semana en Carnés instálase a verbena, o baile, a diversión, para unha cita que esta considerada de interese turístico e gastronómico.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook