Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Festa do Melindre de Melide cumpre 20 anos

    melide-festa-do-melindre-2011-programa

    Programa de actos da XX Festa do Melindre, Melide. Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

    A Festa do Melindre, unha das citas festeiras do concello coruñés de Melide, cumpre esta edición vinte anos. Para iso haberá toda unha batería de actividades lúdicas e culturais para ofrecer unha interesante proposta, un ano máis, dunha festa ben arraigada na comarca e de interese turístico.

    Publicamos toda a información tirada da páxina web do Concello:

    O segundo domingo de maio de 2011, día 8, celébrase na Praza do Convento de Melide a XX Festa do melindre e da repostería tradicional. Neste apartado da web poderás coñecer toda a programación deste día de homenaxe á nosa repostería. Este ano, ademais, co recoñecemento ao traballo dos telleiros de Furelos, Piñor e O Leboreiro.

    O Concello de Melide e a Asociación da repostería tradicional da Terra de Melide "Melide, terra doce" presentaron a edición número 20 da festa que homenaxea á repostería artesanal, e que se celebrará na praza do Convento, o segundo domingo de maio, o día 8.

    O concelleiro de Promoción Económica, Antonio Díaz, e encargado da organización da festa avanzou que o encargado de pronunciar o pregón (ás 12.30h) será o actor Manuel San Martín, que encarna a Manuel Cabanas na exitosa serie "Libro de familia" que se roda precisamente na praza do Convento de Melide.

    Alberto Rodríguez, presidente da asociación "Melide, terra doce", que aglutina ás catro casas de repostería tradicional de Melide destacou na rolda de prensa que "a festa do melindre consolídase cada ano, e proba diso é que nestes momentos se está preto de acadar a denominación de Festa galega de interese turístico, que servirá para situarnos nos circuítos máis prestixiosos da cultura e o turismo galegos".

    O domingo 8 de maio, dende as 11h da mañá abrirán os stands de artesanía que se colocarán na Rúa Convento. A música poñeraa o pasarrúas da Escola de Gaitas Axóuxere e o grupo "Os melidaos".

    Despois do pregón ofrecerase unha degustación gratuíta dos tres produtos insignia da repostería tradicional de Melide, os ricos, melindres e amendoados, que estarán á venda na praza durante todo o día.

    Homenaxe aos telleiros de Furelos, Piñor e O Leboreiro

    Durante a presentación do cartel deste ano e da propia festa, Díaz destacou "o carácter cada vez máis profesionalizado da festa, xa que a repostería acada un protagonismo único que se reforza en cada nova edición". Este ano a organización realizará tamén unha homenaxe a un oficio artesanal propio da Terra de Melide. Nos anos 2008, 2009 e 2010 homenaxeouse ao "latoneiro", "o tallista de Furelos" e "o ferreiro" de Melide. Nesta ocasión a lembranza aos traballos artesáns estará centrada no oficio dos telleiros, en concreto dos homes e mulleres que traballaban nas telleiras de Furelos, Piñor e O Leboreiro.

    O Concello de Melide proxectará durante todo o domingo da festa un documental inédito titulado "As telleiras", con entrevistas e documentación gráfica cos protagonistas das telleiras de Furelos, Piñor e O Leboreiro. Un día antes, o sábado, o documental proxectarase para os propios veciños destes lugares, na Casa Museo de Furelos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook