Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A festa dos mariñeiros centra hoxe as celebracións por toda Galicia

    Corcubión 2012 - Festas do Carme - cartelA celebración da Virxe do Carme é unha das máis importantes de Galicia, polo menos en case todas as localidades costeiras. POrque poucas son as que non celebran esta onomástica. Algunhas festas de moito raigame como as de Bouzas, en Vigo, Corcubión ou Camariñas na Costa da Morte, Moaña no Morrazo, Aguiño, Cabo de Cruz ou Rianxo no Barbanza, o barrio dos Castros na cidade da Coruña, Pontedeume e Sada nas Mariñas e un longo etcétera que fan que Galicia estoupe polas catro esquinas.

    E dicimos polas catro esquinas porque incluso nalgunhas localidades de interior tamén se fan estas festas, como é o caso de Arzúa e Zas, na provincia da Coruña. Durante o domingo 15 e o luns 16 (día propio) as procesións e verbenas mandan na Galicia costeira, e non tan costeiras.

    Arzúa 2012 - Festas do Carme - cartel Ares 2012 - Festas do Carme en Redes - cartel A Guarda 2012 - Festas do Carme - cartel Vilagarcía de Arousa 2012 - Festas do Carme en Carril - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook