Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A festa máis multitudinaria de Abanqueiro

    Boiro 2011 - Festa da Xuventude de Abanqueiro - cartel

    E van xa tres anos, con este, desde a primeira Festa da Xuventude no Campo de Exipto, Abanqueiro. E como todas as citas festeiras ben feitas, cada ano vai a máis. Mañá o campo da festa vai quedar pequeno para acoller os miles de persoas que se achegarán desde Boiro, todo o Barbanza e incluso outros puntos de Galicia. O reclamo ben o merece, tres das consideradas mellores orquestras de Galicia e, desde logo, as que máis público arrastran. PARÍS DE NOIA, OLYMPUS e PANORAMA ofrecerán unha noite inesquecible para todos os asistentes a III Festa da Xuventude de Abanqueiro.

    Para pelexar coa fame haberá churrasco e polbo, como xa vén sendo habitual. Ademais, este ano haberá un posto de merchandising da festa con panos, gorras, chapas, etc..., un bo xeito de levar un recordo para a casa e axudar a sufragar o evento. Tamén se venderán rifas.

    E como xa se fixo nas pasadas edicións, haberá un servizo de autobuses desde Boiro para evitar problemas de aparcamento. Todo está xa programado para vivir un ano máis a festa da xuventude. Vémonos en Boiro!

    Boiro 2011 - Festa da Xuventude en Abanqueiro - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook