Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A festa, no día que toca

    vimianzo-monte-toran-bamiro-2010-cartel

    En Bamiro (Vimianzo) celébrase mañá a romaría de Monte Torán, coa actuación das orquestras Marimba e Tango

    En Vimianzo xa teñen todo preparado para a festa de mañá martes. Si, é mañá a romaría de Monte Torán. En moitos concellos e parroquias da Costa da Morte e da Terra de Soneira aínda se celebran as festas no día que toca, sexa un xoves ou un domingo. A moda destes últimos anos de pasar as celebracións para a fin de semana, en moitos lugares de Galicia non acaba de gustar, sobre todo festas de gran tradición.

    E isto é bo para as orquestras e o negocio festeiro, xa que pasar as festas para as fins de semana fai que os días de maior demanda se concentren de venres a domingo. De pouco serve que unha formación musical puidese tocar en cinco sitios un sábado se despois o martes ou mércores está libre; en máis dun lugar por día non se pode traballar.

    Pois en Vimianzo, concretamente en Bamiro mañá haberá festa a pesar de ser día laborable. As orquestras TANGO e MARIMBA, ambas as dúas da axencia Alfa3, serán as encargadas de poñer a música a esta celebración moi tradicional na zona, a romaría de Monte Torán, e que de momento segue a celebrarse no seu día, cando toca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook