Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A forza e o espectáculo de Dunia Santana en Panorama 2011

    Costa Oeste - 2010 - 027 - Abanqueiro (Boiro)Dunia Santana é a nova incorporación na dianteira de Panorama 2011 / © Fotos: roxegar 2010

    A vocalista Dunia Santana é a fichaxe na dianteira para a próxima temporada da orquestra PANORAMA en substitución de Maythe Leiva. A xa ex cantante de COSTA OESTE formará parte da mediática formación musical o vindeiro ano.

    Despois do día 31 deste mes, no que a PANORAMA cerra a súa Xira do Xacobeo, Dunia pasará a formar parte da banda xunto co novo batería e, en principio, serán os dous únicos cambios previstos.

    Dunia formou parte, nestas últimas temporadas, da orquestra MARIMBA e este último ano, na COSTA OESTE xunto con Sonia Montero. Agora coa súa marcha para a PANORAMA a ex OLYMPUS Marta Valiño regresa ás filas da orquestra na que estivera 11 anos como cantante.

    De seguro que a incorporación de Dunia a PANORAMA traerá un novo espectáculo á formación musical. Verémolo a partir do mes de marzo.

    Costa Oeste - 2010 - 009 - Rianxo

    Costa Oeste - 2010 - 022 - Rianxo

    Coa incorporación de Dunia Santana a Panorama 2011 o espectáculo estará asegurado unha temporada máis / © Fotos roxegar 2010

    [Podes acceder á galería de fotos de Dunia Santana 2010. Todos os dereitos reservados]

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook