Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A III Festa da Xuventude de Aguiño abre a temporada festeira en Ribeira

    Ribeira 2012 - III Festa da Xuventude de Aguiño - cartel Se os veciños do concello de Boiro xa van pola terceira ou cuarta festa, en Ribeira quentan motores para esta noite: no porto de Aguiño celébrase a III Festa da Xuventude que trae a música e o espectáculo de dúas formacións musicais de renome. Se na primeira festa actuaran PANORAMA e PARÍS DE NOIA, o ano pasado PARÍS DE NOIA e OLYMPUS, esta vez tócalle á combinación que faltaba: OLYMPUS e PANORAMA.

    A partir das 23.00 horas no porto da vila mariñeira terá lugar unha das convocatorias máis esperadas. Pero non será a única, pois en Aguiño sonche moi festeiros. A varias festas gastronómicas hai que sumar as patronais do mes de xullo, onde de novo volven xuntar moitas das consideradas mellores formacións musicais de verbena. Para abrir boca, esta noite a primeira gran cita festiva no concello ribeirense, e parece que con boa noite.

    __________________________________

    23.00 horas porto de Aguiño (Ribeira). Orde de actuación: OLYMPUS/PANORAMA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook