Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A IV Gala da Panorama concentra a dez artistas e grupos en Ordes

    Orquesta Panorama 2011 - IV Gala contra o cancro - cartel

    O cartel da Gala da orquestra Panorama convoca o maior número de grupos e artistas ata o momento

    Xa é público o cartel da IV Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA. Dez artistas e grupos acopañarán a orquestra en Ordes o venres 29 de abril a partir das 23 horas. A grupos como LA GUARDIA hai que sumarlles artistas como MALÚ (da que xa informamos a semana pasada), PITINGO, MERCHE, ANA TORROJA ou o mesmo CARLINHOS BROW. MELOCOS (que repiten unha vez máis), CHERITO, ROBERT RAMÍREZ e o humor das CANTAREIRAS DE ARDEBULLO completan o cartel excepcional da Gala 2011.

    Será unha vez máis en Ordes a partir das 23.00 horas do 29 de abril e estará presentada por ROBERTO VILAR (LAND ROBER TVG, ex dos TONECHOS). Seguiremos informando dos detalles de organización que sexan de interese... Hai que ir apuntando, unha edición máis, este evento na axenda verbeneira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook