Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Laracha comeza as festas grandes do concello

    Orquesta Panorama 2011 - IV Gala contra o cancro - 010A Panorama cerrará o xoves o impresionante programa verbeneiro da Laracha

    Xa o avisabamos hai mes e medio. Na Laracha estábase elaborando un impresionante cartel para as festas de agosto, e hoxe comezan as esperadas celebracións no municipio coruñés.

    Ten moita competencia a festa de agosto na Laracha, e por iso hai que estar ao nivel: Paiosaco, Soandres, Montemaior, San Román (que estará de festas en breve) ou Golmar, entre outros lugares, ofrecen carteis festeiros de gran calidade, por iso as festas que queren representar o concello non podían ser menos.

    A charanga NBA e a orquestra cántabra TABÚ comezan hoxe cinco días de festas. EL COMBO DOMINICANO (luns), PALLADIUM (martes), OLYMPUS (mércores) e PANORAMA (para cerrar o xoves) completan o cartel larachés. Por se fose pouca festa, despois de caa verbena e durante todos os días de duración dos festexos, música a cargo dunha discoteca móbil ata altas horas da mañá.

    O que avisa non é traidor, na Laracha o cartel é excepcional, tal como esperabamos.

    Festa a Festa estará algún día nas celebracións da Laracha. Intentaremos traballar en fotos e vídeos pero tamén iremos de festeiros, que non todo vai ser currar. E na Laracha vai haber onde escoller. Boa festa!

    PROGRAMA COMPLETO FESTAS A LARACHA 2011

    A Laracha 2011 - Festas de San Roque - programa[Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño]

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook