Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Noviembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Marbella máis grande

    Marbella 2013 - orquesta - cartelA orquestra Marbella presenta o cartel actualizado para a nova temporada coa incorporación de Eva Iglesias, de novo na formación musical

    A orquestra MARBELLA está a piques de comezar temporada e con ela trae novidades tanto nos compoñentes coma no escenario. Porque esta nova etapa estará marcada pola volta dunha das voces que xa luciu a formación pontevedresa hai uns anos: Eva Iglesias volve a formar parte de MARBELLA e unirase así a Irene Iglesias formando un dúo feminino espectacular.

    Despois de pasar pola orquestra ABANICO e este pasado 2012 formar parte da dianteira de CINEMA, Eva Iglesias volve a formar parte da orquestra que a viu nacer profesionalmente e na que compartiu dianteira con María García (actualmente en FILADELFIA) e pasa a ocupar o posto deixado por Maika Fernández.

    Pero non será esta a única novidade que nos traerá a formación de Víctor, porque a MARBELLA de 2013 lucirá un escenario máis grande, tanto en longo coma en alto, e xa se están acometendo as reformas necesarias para ofrecer un palco de maiores dimensións onde seguramente o espectáculo lucirá máis, como corresponde a unha gran orquestra ou orquestra grande, que as dúas cousas é MARBELLA 2013.

    O 30 de novembro a banda pontevedresa volve á carga para ofrecernos unha nova temporada que promete estar chea de boa música.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook