Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A mellor celebración do derbi galego, con Ciclón

    Curtis 2013 - Festas de San Xosé en Teixeiro - cartel

    En Teixeiro pensan en todo. Conscientes de que hoxe a actualidade deportiva, coa celebración do derbi galego, pode influír na asistencia ás festas, polo menos na primeira hora, a organización da festa de San Xosé en Teixeiro decidiu levar o partido de fútbol ao campo da festa para así, nada máis rematar o encontro, o grupo CICLÓN amenice a primeira celebración do ano no lugar.

    O grupo santiagués preséntase este ano con algunha nova cara, novo repertorio, nova montaxe e ampliación, de novo, do escenario. Pouco queda daquel pequeno grupo que se presentaba hai 11 anos na verbena galega, ou, se se quere, queda o máis importante, a esencia da formación musical que permanece invariable. E esa pode ser a responsable do éxito de CICLÓN; o grupo foi medrando, as montaxes fóronse elaborando cada vez máis e o escenario xa se equipara ao de moitas orquestras grandes en tamaño e medios; pero CICLÓN prevalece tal como o coñecemos todos estes anos. E xa empeza a rodar a nova xira cargada de baile e diversión, hoxe en Teixeiro, que pasará por moitos lugares de Galicia ao longo desta primavera e, sobre todo, do verán.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook