Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A mellor outro ano máis

    Orquesta Panorama 2011 - IV Gala contra o cancro - 001

    Panorama foi escollida como mellor orquestra 2011 polos usuarios de pasionorquestas.tk / © Foto: roxegar 2011

    Polo menos para os usuarios da páxina amiga Pasión Orquestas. O portal de Internet acaba de cerrar outro ano máis o seu concurso para escoller a mellor orquestra da temporada. De novo a gañadora é a PANORAMA, a incombustible formación musical e bandeira de Espectáculos Lito, a que se fai co galardón.

    O concurso 2011 para escoller a mellor orquestra estivo activo durante dous meses nos que se recibiron máis de 17.000 visitas e se superaron os 6.000 votos. A orquestra OLYMPUS foi a segunda máis votada e o grupo ATENAS, o terceiro. Outras finalistas do concurso foron ACHÉ, ALARMA, CHARLESTON BIG BAND, COSTA OESTE, LA BÁMBOLA, NOVA IMPERIAL ou PARÍS DE NOIA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook