Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A movida boirense vai de festa a Cespón

    Boiro 2012 - Festas en Cespón - cartelUn concello do Barbanza que non para de ofrecer festas durante todo o verán. En Boiro volve a haber cita verbeneira, neste caso na localidade de Cespón. Desde a pasada noite do 15a festa instálase nesta parroquia boirense ata o vindeiro sábado, cun programa moi variado de grupos e orquestras: ESTRELLAMAR e MILLENIUM abrindo as celebracións, TRIUNFO e BLANCO Y NEGRO para esta noite, LA BÁMBOLA e ZELTIA para o venres, e as orquestras EMPERADORES e MARBELLA para cerrar o sábado.

    As festas de Cespón comparten semana cunha celebración gastronómica que terá lugar a noite do sábado e durante todo o domingo: a Exaltación do Mexillón no porto de Cabo de Cruz.

    A festa volverá de novo a este concello para celebrar o San Ramón en apenas 15 días. Nesa ocasión será en Bealo, onde durante varios días terá lugar a súa popular Romaría de San Ramón.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook