Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A noite de Folgoso

    Abegondo 2013 - Festas de Folgoso - cartelAs festas de Folgoso, en Abegondo, son todo un acontecemento na comarca. A gran cita do venres é xa parada obrigada cada ano para veciños e visitantes, e se cabe máis este ano. A convocatoria festiva do venres en Folgoso trae sempre unha orquestra das consideradas "grandes". PARÍS DE NOIA ou PANORAMA pasan a miúdo polo campo da festa, e este ano tócalle a outra das "galácticas". A OLYMPUS de Negreira chega co seu espectáculo Burlesque a terras de Abegondo para seguir ofrecendo o seu impactante repertorio deseñado para esta temporada 2013. Pero non chega soa, e aquí vén a novidade. Fartos de ver como se recortan os programas na gran maioría das festas, en Abegondo a gran cita do venres trae a música doutra formación musical a maiores: NUEVA LIBERTAD, unha nova proposta festeira que non deixará indiferente a ninguén.

    Despois da popukar churrascada, en Folgoso a festa está garantida ata altas horas da madrugada.

    Pero aínda que o día grande é hoxe venres, a festa continúa mañá a cargo do grupo BOOMERANG, e tamén o domingo, aínda que só en sesión vermú, haberá música a cargo de ABC. Sen dúbida a cita festeira de Folgoso segue marcando diferenza en terras de Abegondo.

    Toda a información en www.festasfolgoso.es

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook