Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A noite de Parada

    Ordes 2012 - Festas patronais de Parada - cartel

    A localidade ordense de Parada está esta noite de festas. Aínda que a celebración de Santa Mariña se desenvolverá ata o domingo, cunha orquestra e un grupo para o sábado e o último día en sesión vermú, a noite forte, como de costume, é o venres.

    En Parada temos gozado de moi boas noites de verbena tanto nas denominadas da Xuventude como nas patronais. E este ano a celebración de Parada é máis esperada pois polo que tardou en saír o cartel desconfiábamos de que ao mellor non houbese festa. Moi ao contrario do que pensabamos, a noite de hoxe en Parada vai lucir coa música e o espectáculo de dúas orquestras de referencia: ACHÉ e FILADELFIA traen as súas novas montaxes e os repertorios máis completos para que Parada continúe como unha das referencias festeiras do concello de Ordes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook