Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Aché "celebra o éxito" entre amigos

    orquesta-ache-2010-cartelHai menos de 15 días chegou a revolución a Cambados, concretamente á praciña de Alfredo Brañas. A orquestra ACHÉ levaba a cabo a gravación do vídeo clip promocional que presentará a formación musical en todas as súas actuacións do verán. Mero Afonso, o teclista, é o responsable do traballo de promoción que veñen de realizar os de ACHÉ e que presentarán en breve.

    Pero a gravación, á parte de causar a lóxica expectación entre os veciños, traía tamén a Cambados músicos e cantantes doutras coñecidas orquestras para apoiar a ACHÉ. Aínda que non trascenderon moitos nomes, si sabemos que algúns membros de PANORAMA como Lito Garrido e Alexandre Jurado (e incluso ex membros como Diana Cea); compoñentes de PHILADELPHIA como os cantantes David Balboa e María, ou Compota, carismático músico que forma parte dos metais desta mesma orquestra; e parece ser que tamén amigos de PARÍS DE NOIA se xuntaron para colaborar na gravación do vídeo e apoiar os seus compañeiros de profesión e de oficina. Todos xuntos "celebraron o éxito" que esta orquestra está a ter, cada día un pouco máis, froito do seu traballo e empeño por despuntar entre as orquestras de renome de Galicia.

    Pronto haberemos de ver o resultado desa gravación, titulado como a xira, Celebra la vida, e tamén poderemos escoitar temas do repertorio de ACHÉ escollidos para o CD que está a piques de saír. Por se fose pouco, hai novo escenario en vistas e non pode faltar moito para a estrea porque xa estaba prevista para finais do mes pasado... Todo chegará a tempo para colaborar a que a temporada alta da orquestra ACHÉ non pase, nin moito menos, desapercibida.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook