Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Aguazul preséntase en sociedade

    orquesta-aguazul-2011-cartel-presentacion-en-naronMañá sábado na praza de Galicia (Narón) preséntase a orquestra Aguazul acompañada por Poceiro

    A orquestra AGUAZUL preséntase mañá pola noite de maneira oficial. O nome non resulta estraño xa que AGUAZUL antes de chegar a ser orquestra, foi un pequeno grupo, concretamente un trío; así que podemos dicir que AGUAZUL empezou desde abaixo.

    A formación musical faise grande (en todos os sentidos) e pasa a ser unha orquestra composta por 10 membros no escenario. Dentro dunhas horas preséntase en Narón, lugar de procedencia da formación musical e berce doutras grandes formacións, acompañada dunha veterana, a POCEIRO. Que mellor xeito de empezar etapa da man dunha experimentada formación musical, das máis vellas de Galicia que segue ao pé do canón ano a ano sen abandonar as súas características propias.

    Pero aínda que a de hoxe é unha presentación en toda regra, a orquestra AGUAZUL estará presente no macrofestival de orquestras de Lugo xunto con outras catro formacións da mesma axencia (Alfa3 Producciones) para presentar a nova temporada. De momento, hoxe preséntase na casa...

    ORQUESTRA AGUAZUL 2011

    Na dianteira, tres voces: Cheni, Arantxa e Alberto.

    No cadro de músicos: Eduardo (baixo), Javier (batería), Elio (trombón procedente de MONTES), Fran (guitarra procedente de MONTES), Moisés (teclados procedente de ÉBOLA), e procedentes de NOVA PALMA Óscar (trompeta) e Pepe (Saxo).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook