Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Alarma ameniza a tradicional romaría de Santa Lucía na Laracha

    A Laracha 2011 - Romaría de Santa Lucía en Soandres - cartel

    No lugar de Soandres (no concello coruñés da Laracha) hoxe celebran un día tradicional e festivo desde hai moitos anos: a romaría de Santa Lucía. E nada mellor que a boa música para amenizar o día. Diso encargarase a orquestra coruñesa ALARMA, que xunto dos pasarrúas e os actos relixiosos completan o cartel festivo para un día marcado no calendario para todos os laracheses, especialmente os veciños de Soandres, desde tempo inmemorial.

    Os amigos de ALARMA traen nova montaxe e repertorio actualziado e moi completo para pasar un ano máis un especial día de festa.

    O vindeiro 1 de maio a festa continúa; nesta ocasión a denominada Festa da Lembranza, con degustación de callos, exposición de artesáns e música  do grupo MELAO CARIBEÑO. No concello da Laracha seguen a sucederse as festas nas distintas parroquias...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook