Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Charleston Big Band cumpre 27 anos enriba do palco

    Charleston Big Band 1984 - orquesta - cartelPrimeiro cartel da orquestra Charleston Big Band; pasaron xa vinte e sete anos

    A orquestra máis famosa de Padrón, a CHARLESTON BIG BAND, cumpre 27 anos. A banda musical nacía un 9 de xuño de 1884 e desde aquela cóntanse por milleiros as súas actuacións por todas as vilas e cidades de Galicia e tamén fóra das nosas fronteiras, pois a orquestra xa se presentou ese mesmo ano en Asturias.

    Tamén moitos foron os músicos e cantantes que pasaron pola orquestra aínda que é unha das formacións máis estables en canto ao seu cadro de músicos e cantantes. O ano 2008 foi especialmente importante por se cumprir o 25 aniversario da orquestra, estreando o espectacular escenario que aínda leva hoxe. A CHARLESTON BIG BAND pode presumir de levar un repertorio dos máis completos do momento, con todo tipo de música, primando a música de baile pero con guiños a outros estilos musicais.

    charleston-big-bang-1984-asturiasCartel presentación da orquestra Charleston Big Band en Asturias o ano do comezo

    Na dianteira da formación, este ano houbo unha nova incorporación: Raúl Paz, que se suma a Fran Pahino e Rita Barreiro, xa vellos coñecidos dos seguidores da orquestra padronesa. Tamén hai novidades de repertorio e posta en escena dirixidas a contentar ao público e seguir mellorando para continuar onde está xa desde hai anos, nos primeiros postos das orquestras de Galicia. A principios de xullo CHARLESTON BIG BAND presentará o escenario renovado onde poder ofrecer o repertorio que se vai estreando aos poucos durante estas datas e que distinguirá de novo a banda como unha das mellores orquestras de baile do momento.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook