Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Compostela queda orfa

    Orquesta Compostela 2008

    Un músico da veterana orquestra Compostela tirada na temporada 2008 / © Foto: roxegar 2008

    Falece José Manuel Muñiz, fundador da orquestra Compostela

    Hoxe é un día triste para a orquestra COMPOSTELA e por extensión para o mundo da verbena. O fundador da xa mítica orquestra descansa no cemiterio de Boisaca, preto de Santiago de Compostela, cidade que lle debe tamén, entre outras cousas, a letra da SD Compostela. Pero non queda orfa só a formación musical senón tamén, artisticamente falando, artistas como PILI PAMPÍN ou SABELA. El foi o seu descubridor.

    A veterana orquestra COMPOSTELA gravou co mestre Muñiz máis de 500 cancións (Mirando hacia la bahía, Cousas da vida ou multitude de popurrís galegos son só algúns exemplos da extensa produción do Mestre) e fixo milleiros de quilómetros non só por terras galegas e españolas senón tamén na outra parte do charco, amenizando noites e milleiros de emigrantes galegos ao outro lado do océano. Foi o responsable de máis de trinta himnos de diversa índole o que o converteron, quizais, no máis emblemático representante do mundo da música na cidade compostelá.

    Galicia, terra meiga, interpretado por ANA KIRO, foi un dos seus maiores éxitos e converteuse nun gran tema do que se venderon máis de 100.000 copias e que lanzou a cantante de Arzúa, tamén desaparecida hai relativamente pouco, ao éxito.

    O Mestre descansa xa pero o seu recordo permanecerá por moitos anos cada vez que un tema seu sexa interpretado nun palco ou nunha sala de festas, e desde logo seguirá por sempre na memoria colectiva verbeneira por moito que os tempos cambien.

    Orquesta Compostela 2008

    A orquestra Compostela actuando en 2008 nas festas de Corrubedo (Ribeira) / © Foto: roxegar 2008

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook