Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra da Televisión Nordés renóvase na rede

    Orquesta TV Nordés 2013 - captura nova web A formación musical Orquestra da Televisión Nordés presenta a súa nova páxina web, cartel de 2013 e ultima a súa proposta festeira para a temporada

    A orquestra da TELEVISIÓN NORDÉS xa ten todo practicamente preparado para unha nova temporada "como ti queres". Na formación traballan no que ha de ser o espectáculo 2013 e ultiman todos os detalles para as novas actuacións e, como non, para a promoción da orquestra. Isto último inclúe unha nova páxina web que xa está deseñada e que agora se está enchendo de contido. Con algunhas das súas seccións en proceso de actualización, a páxina ofrecerá varios apartados interesantes que se centran en fotografías da banda, vídeos e unha sección para coñecer mellor a orquestra.

    Cun repertorio para todos os públicos e algúns temas presentados de forma diferente, a orquestra foise colocando en postos destacados da verbena galega. Unha dianteira formada por Belinda Pérez Martín, que entraba na formación a temporada pasada no lugar de María Costas, Ángel Montero e Fran Castellanos, que seguro que nos volverán a sorprender, e un plantel de músicos de primeira para unha orquestra que non pasa desapercibida.

    A nova páxina web www.orquestatelevision.com xunto co Facebook oficial serán as principais plataformas para manterse informad@s de todo o que teña que ver coa formación musical, sobre todo os calendarios de actuacións. E falando diso, xa están dispoñibles as datas de marzo da orquestra da TELEVISIÓN NORDÉS. Hoxe cerran as festas de Torneiros, no Porriño, onde onte actuaban OLYMPUS e SALSA ROSA. Na captura da web podes ver o resto de actuacións para as vindeiras semanas. Como tú quieres, a nova proposta da TV NORDÉS está a piques de percorrer moitas das vilas e cidades galegas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook