Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Galilea segue camiñando cara a adiante en 2012

    Orquesta Galilea 2012 - cartelA orquestra estradense GALILEA abre temporada nunha gala de presentación o próximo día 31 de marzo en Callobre (A Estrada).

    GALILEA tamén lanza novo traballo discográfico en abril

    Do que eran rumores de cerre hai uns meses pasamos á posta en marcha dunha flamante orquestra para 2012. A dirección de GALILEA xa desmentiu daquela os rumores de disolución da afamada banda estradense. O que si se levou a cabo durante estes meses de preparación foi unha intensa renovación da formación musical que só deixou tres membros de 2011. Así José Luis Prieto, guitarrista que afronta o seu terceiro ano na orquestra, e os dous carismáticos cantantes Carlos Colmenares e Mario Guillén, este último tamén o responsable de GALILEA, serán as únicas caras coñecidas de temporadas pasadas. O resto son todos novos, que non novatos, e deles xa demos conta en anteriores entradas en Festa a Festa.

    Pero non rematan aquí as novidades, nin moito menos. Temos todo o cadro de músicos de GALILEA para 2012, pero tamén haberá novo disco da orquestra. O traballo discográfico sairá á luz o próximo 16 de abril se non hai novidades e levará o título Caminando hacia delante. Ademais, GALILEA estreou hai un par de meses unha flamante páxina web na que poderás informarte de todo o que ten que ver coa nova temporada. En canto ao repertorio, tamén será totalmente novo, máis fresco, máis actual e máis bailable (Pode ser aínda máis bailable?).

    ORQUESTRA GALILEA 2012

    Mario Guillén (voz, coros e dirección musical)

    Carlos Colmenares (voz e coros)

    María Folgueira (voz e coros)

    Bárbara Molina (voz e coros)

    William González (teclados e arranxos)

    Osvaldo Hernández (batería)

    Cristian Rey (baixo e contrabaixo)

    José Luis Prieto (guitarra)

    Benjamín Cordero «Chicho» (percusión)

    Yoandris Cachimaille (trompeta)

    Carlos (trombón)

    Juan Cuñarro (saxofón)

    O próximo día 31 de marzo empeza unha nova etapa na orquestra GALILEA. Ese día será a presentación oficial da temporada 2012 da orquestra, en Callobre, A Estrada.

    Desde A Estrada, boa música para todas as verbenas de Galicia.

    Galilea 2012 - orquesta - cartel dianteira Dianteira da orquestra Galilea 2012. Mario Guillén e Carlos Colmenares nas voces masculinas; María Folgueira e Bárbara Molina nas femininas

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook