Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Israel e o grupo Claxxon cerran esta noite as festas de Teo

    Israel Espectáculo 2012 - orquesta - cartelImaxe da renovada orquestra Israel Espectáculo

    As festas de Santa María de Teo chegan hoxe ao seu punto final. E non o podían facer de mellor xeito que presentando dúas formacións novas no campo da festa: ISRAEL ESPECTÁCULO e CLAXXON. A primeira das formacións leva un nome ben coñecido no mundo da verbena, que desaparecera hai uns anos e que neste 2012 reaparece máis forte que nunca e cun plantel de músicos e cantantes de primeira orde. No segundo caso estamos falando dun grupo, tamén novo, pero formado por recoñecidos músicos que queren ofrecer algo máis ás verbenas populares e de feito o están a conseguir pois as críticas e opinións vertidas sobre CLAXXON son moi boas.

    De forma que, se queres escoitar algo diferente, gozar de dous potentes repertorios ofrecidos en dous espectaculares escenarios e pasar unha noite de verbena e baile tes que achegarte a Teo. Hoxe remata a festa!

    Claxxon 2012 - grupo - cartel 2Seis experimentados músicos compoñen o novo e diferente grupo Claxxon

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook