Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Montes busca vocalistas

    Montes 2010 - orquesta - cartelCartel promocional da orquestra Montes en 2010

    Unha das grandes que volve, a MONTES de Narón. A orquestra reaparece despois do "ano sabático" en 2011. Un ano de paréntese na historia da formación musical antes de volver a saír. E parece que a orquestra vén con máis ganas que nunca para seguir amenizando coa súa música de baile as verbenas e celebracións galegas.

    A banda naronesa busca para a súa nova etapa dous vocalistas; xa hai fichaxes de músicos e cantantes pero faltan dous máis para a dianteira da orquestra. Pronto poderemos dar datos da nova MONTES 2012.

    @s interesad@s poden poñerse en contacto coa orquestra no seu Facebook oficial: Orquesta Montes mediante un privado ou o correo electrónico da formación musical orquestamontes@hotmail.com.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook