Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A orquestra Suavecito sobe a Palco de Estrelas

    suavecito-orquesta-2010-cartel-pequenoCartel 2010 da orquestra Suavecito, coas novas incorporacións

    Xoves, 19:00 horas, momento de prender a radio; Radio Valga para máis datos. O programa semanal sobre as orquestras nesta emisora leva esta semana unha formación das de sempre: SUAVECITO ORQUESTA Y COROS, a de Mariano (que así se coñece no mundo das verbenas).

    Pois a de Carlos Mariano este ano ten algunhas novidades importantes en canto á dianteira. As dúas cantantes son novas, que non novatas. Moi ao contrario, as voces de SUAVECITO 2010 son moi coñecidas: Estefanía García (procedente de ABANICO) e Tamara Naje (na dianteira de PARÍS DE NOIA xunto con Vanesa Fernández en 2006-2007).

    Ademais chegarán ao programa de Daniel Seijas co novo disco baixo o brazo. Unha selección moi completa de temas de exhibición vocal e onde tamén destacan no apartado musical as seccións de metais e ritmo. Pura música e unha gozada para os oídos baixo o título La vida es un cambalache.

    De novo este xoves en Palco de Estrelas, desde as sete da tarde ata... indefinido, música de orquestra e moitas outras sorpresas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook