Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Panorama chega á Coruña con novidades

    A Coruña 2013 - San Xoán cartel 1Carteis promocionais do San Xoán da Coruña. Autor: Manuel R. Trasancos Seoane

    A orquestra PANORAMA estará esta noite nas festas do San Xoán da Coruña. Desde o ano pasado decidiuse potenciar estas celebracións desde o punto de vista da música, dos concertos e das orquestras como xa se viña facendo antano. Despois dun período de tempo no que desapareceran as verbenas de San Xoán da Coruña, desde a pasada edición poténciase de novo esta faceta nas arraigadas celebracións coruñesas.

    Se o pasado ano actuaba PALLADIUM no parque de Santa Margarita, este ano fíxoo GRAN PARADA. Ademais, o pasado xoves a orquestra GARIBALDI actuaba no Peirao de Transatlánticos. Os concertos de ALEJANDRO SANZ (de pago) e HOMBRES G (gratuíto na praza de María Pita) foron as bazas para este ano. O BIPOLAR FEST atraeu tamén a moita xente durante dous días para escoitar diversos estilos musicais nun formato que non sabemos se terá continuidade.

    E hoxe é o día grande, as orquestras CINEMA e PANORAMA actúan no Paseo Marítimo coruñés; o ano pasado fixérao en solitario a orquestra PARÍS DE NOIA. As dúas orquestras estarán esta noite a partir das 21.30 CINEMA e 00.00 horas PANORAMA. Ademais, a orquestra PANORAMA trae novidades.

    A primeira é negativa, pois a fin de semana pasada Isaac Matos, o trapecista, sufría un accidente ao baixar unhas escaleiras e causa baixa durante varios meses na formación musical. Pero o resto de novidades son positivas; como novas incorporacións de temas ao repertorio para seguir enriquecendo o REMEMBER TOUR 2013, e a última é que no escenario da orquestra estará como convidado DKUBA, para poder cantar con el os seus éxitos e, especialmente, o que está encamiñado a ser unha das cancións do verán: A lo loco.

    Esta noite en Riazor-Orzán a festa esta garantida, como cada ano, pero co aliciente de contar con dúas impresionantes orquestras e a chegada, parece que definitiva, do verán.

    A Coruña 2013 - San Xoán - cartel 2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook