Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Panorama máis solidaria esta noite na TVG

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 32A V Gala contra o cancro da orquestra Panorama será emitida esta noite na TVG ás 22.00 horas

    A Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA é xa unha referencia festeira que sobrepasa as fronteiras galegas. Este ano chegou a súa V edición e cambiou de localización. Desde Vilagarcía de Arousa o pasado 4 de maio a orquestra reunía a unha cantidade importante de artistas que, como en cada unha das pasadas citas, fixeron vibrar os milleiros de seguidores congregados.

    E algúns destes artistas xa repiten ou incluso son case "fixos" na gala solidaria, como MELOCOS ou CARLOS BAUTE. Tamén estiveron de novo no escenario de PANORAMA MERCHE ou BISBAL. MANU CARRASCO, o MAGO ANTÓN, NATALIA JIMÉNEZ ou MÓNICA NARANJO tamén achegaron o seu graíño de area pola causa.

    Todo iso poderase ver, por fin, esta noite na primeira cadea da TVG a partir das 22.00 horas presentado pola actriz María Mera. Sen dúbida máxima audiencia para unha cita xa habitual na televisión autonómica e que confirma a forza que seguen a ter as orquestras en Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook