Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Pantoja pisa con forza en Ordes

    Unha das máis aclamadas, Isabel Pantoja, pasou con forza polo escenario da orquestra PANORAMA o venres na III Gala contra o cancro. Ofreceu tres temas, os dous de rigor e un de regalo, que non estaba previsto. A mala pata, e nunca mellor dito, fixo que caese e levase unha escordadura nun pé. Pero quen ten arte parece que o ten para todo, porque a artista acabou no chan o final da canción coma se nada.

    Se me enamora el alma, Virgen del Rocío e unha Salve Rociera foi o repertorio que ofreceu en Ordes a flamenca. O tema Virgen del Rocío interpretouno por petición da orquestra para lembrar unha das etapas máis importantes da formación musical cando a voz principal era Javier Comesaña e incluía sempre con gran éxito este tema no seu repertorio. Esta vez foi a Pantoja verdadeira...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook