Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A París de Noia abre as festas na casa

    Noia 2011 - Festas de San Bartolomeu - cartelA orquestra PARÍS DE NOIA e mais a PANAMÁ foron as encargadas de abrir o programa de festas de Noia. Na localidade teñen dúas festas importantes, o San Marcos e o San Barlomomeu; son estas últimas as patronais e para iso tírase a casa pola ventá, coma quen di, para intentar ofrecer unhas celebracións de calidade.

    As orquestras son unha baza importante en Noia, como cada ano, lideradas como case sempre pola anfitriona: PARÍS DE NOIA. Pero tamén se quixo ofrecer outro tipo de música alternativa ás agrupacións verbeneiras; é o caso do grupo coruñés BROTHERS IN BAND tributando a Dire Straits. A banda liderada por Óscar Rosende está asinando un mes de agosto cheo de concertos, pois a proposta musical pouco ten que ver coas orquestras que amenizan as festas e, ademais, é unha alternativa válida e sólida para ofrecer un concerto de música de gran calidade sen ten que contratar a unha grande estrela.

    Na primeira xornada xa houbo variedade musical a cargo das mencionadas PARÍS DE NOIA e PANAMÁ. Ademais, tamén houbo un concerto a cargo de MR. COOL & COOL HAMSTERS.

    O segundo día das festas está dedicado, por unha banda, á mellor música de Dire Straits a cargo de BROTHERS IN BAND, pero tamén queda sitio para a verbena cos mellores sons latinos a cargo de ARMONÍA SHOW.

    Na noite do venres, JOSÉ SOMOZA BIG BAND, LOU REYES Y LOS CASTROS + DR. GRINGO e actuación especial das CANTAREIRAS DE ARDEBULLO co Baile de Ardebullo son a proposta musical para un novo día de celebracións en Noia.

    O sábado, a partir das 22:30 horas dará comezo a verbena a cargo da orquestra GALILEA e do grupo ISLA. Ás 23:00 horas na Praza Tapal terá lugar a actuación de A SUBELA e de JESÚS BRONCO DE CHIUAUA Y SUS MARIACHIS.

    E a fin de festa chega o domingo cunha gran sesión de fogos artificiais e a última verbena a cargo da ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS. Ás 23:00 horas, última actuación na Praza Tapal: NOITE DE BERROS, PEPE SUEVOS e JAVIER VEIGA.

    O orzamento das festas noiesas é de 40.000 euros, cunha drástica redución. Hai que ver o que cunden os cartos dándolle mil voltas á cabeza para ofrecer un cartel de calidade pese á crise. En Noia hai festa da boa ata o domingo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook