Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Peregrina vístese de festa

    Ribeira 2011 - Festas do VeránA atracción Barco Pirata chega desde as festas de Ribeira á Peregrina de Pontevedra. As barracas funcionarán ata o día 21, último día de festas

    Son as festas patronais da cidade de Pontevedra, a Virxe da Peregrina está de celebración ata o domingo día 21. As atraccións de feira xa funcionan desde hai uns días na avenida Raíña Victoria e rúas adxacentes. En Montero Ríos teñen lugar as verbenas e na praza de España e mais na Ferraría os diversos concertos.

    En canto ao recinto feiral non hai moitas novidades, as atraccións veñen sendo practicamente as mesmas destes anos: autos de choque, barco pirata, saltamontes ou Bomber destacan entre as de adultos. As infantís son moito máis numerosas e non faltan as típicas de sempre.

    Pódese consultar o programa de festas na páxina web do Concello de Pontevedra. As actuacións máis destacadas son as seguintes:

    13 - Abría as festas ROSENDO e as orquestras LATINOS e CIUDAD DE PONTEVEDRA

    14- A estas horas está actuando o grupo SINIESTRO TOTAL, verbena con SOPRANO e ALMÍBAR

    15 - SERGIO DALMA e verbenas con COSTA BLANCA e ALMÍBAR

    16 - EL PESCAO e verbena con D'COLOR

    17 - MERCEDES PEÓN e verbena coa orquestra ATLANTA

    18 - PERKUKA e verbena con ALCOTÁN

    19 - Festa DJ's, ROCK&BAND con ADRIÁN SAAVEDRA e verbena coas orquestras COSMOS e EMPERADORES

    20 - MELENDI e verbenas con CALIBRE e QUINTA AVENIDA

    21 - FANGORIA e verbena con PASSIÓN BAND e NARANJA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook