Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Queima dos Fornos e as orquestras destacan na Pontenova

    A Pontenova 2010 - cartelOito grandes orquestras amenizan as festas máis importantes da Pontenova

    As celebracións máis importantes no concello lugués da Pontenova comezan hoxe e levaranse a cabo durante catro días.

    Poderiamos dicir que son como un San Froilán máis pequeno. Este ano incluso a metade das orquestras coinciden en ambas celebracións. Aínda que non teñen a sona nin a publicidade do San Froilán, a localidade queda pequena durante estes días para acoller a milleiros de visitantes, sobre todo na noite da Queima dos Fornos, un espectáculo pirotécnico que combina luz, fume e son á perfección.

    E as orquestras, de primeira. Non hai máis que botarlle un ollo ao cartel: GRAN CANARIA, TRÉBOL, POCEIRO... Hoxe abren as celebracións as orquestras LAMAS e GRAN CANARIA, que cerra temporada o próximo luns no San Froilán. Mañá domingo CAPITOL e LOS SATÉLITES, que cerrarán o martes o San Froilán. O luns estarán na localidade luguesa TRÉBOL e LOS PLAYER'S, que actúan esta noite na Praza Maior de Lugo. Esa noite levarase a cabo a gran Queima dos Fornos. O martes cerran na Pontenova as orquestras POCEIRO e COMPOSTELA, que tamén actuaron ou actúan estes días en Lugo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook