Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A quen non quere caldo, sete cuncas

    Salsa Rosa 2011 - orquesta - cartelNova imaxe da orquestra Salsa Rosa para 2011

    Este ano a parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, prepara a celebración da XX Edición da Festa do Caldo Galego, organizada pola Asociación de Veciños do Castro. Para a celebración do evento instalaranse, como vén sendo habitual, dúas grandes carpas con mesas e cadeiras para dar cabida a todos os asistentes en caso de mal tempo.

    En canto ao apartado gastronómico, a carne de porco será acompañada con tenreira, chourizos, patacas e grelos. Servirase nunha cazola serigrafiada, todo isto polo módico prezo de 2 € a cunca e 4 € a cazoliña, que os asistentes poderán levar como recordo.

    A edición deste ano contará coa fadista María Ceo, que será a encargada da lectura do pregón e co nomeamento de seis cabaleiros da Orde do Caldo, e en canto ás orquestras, serán catro as que actuarán en Mourente. Dúas delas son case que habituais nesta celebración: SALSA ROSA (que repite) e MARBELLA (que actúa habitualmente cada ano). A orquestra PONTEVEDRA actuará na casa e tamén a formación feminina ESTRELLAMAR. Por que 20 anos non se celebran todos os días.

    Programa da XX Festa do Caldo galego de Mourente Sábado 12 de marzo -12.00 horas. Imposición de capas e medallas aos novos cabaleiros da Orde do Caldo. -13.00 horas. Visita ao monumento e ao local social e degustación dun viño galego -21.00 horas. Actuación das orquestras PONTEVEDRA e SALSA ROSA Domingo 13 de marzo -12.30 horas. Recibimento ás autoridades. -13.00 horas. Lectura do pregón das festas a cargo da cantante e actriz María Do Ceo. -14.00 horas. Degustación do caldo galego e actuacións de grupos folclóricos galegos e portugueses. -20.00 horas. Actuación das orquestras MARBELLA e ESTRELLAMAR.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook