Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A raíña das festas está en Ribeira: Dorna 2012

    Ribeira 2012 - Festa da Dorna - deseño cartel A Festa da Dorna é a celebración popular máis famosa de Ribeira

    A cidade de Santa Uxía de Ribeira, capital do Barbanza, convértese por uns días, tamén, na capital da troula e do desmadre. A Festa da Dorna leva a festa polas rúas da localidade ata o día 24. A imaxinación e outra proposta ben distinta á que estamos afeitos converten a Ribeira en referencia festeira.

    O "Enjalanamiento de fanequeiras", as populares carrilanas, o Premio Ícaro de Voo sen motor e un longo etcétera acompañado de música de grupos de diferentes estilos levan a troula polas rúas da capital do Barbanza ata o vindeiro día 24. A Festa da Dorna é a celebración popular de máis sona en terras ribeirenses e é o anticipi das festas que virán despois, as do verán, en semanas.

    Ribeira 2012 - Festa da Dorna - programa Ribeira 2012 - Festa da Dorna - deseño sudadeira Festa da Dorna Ribeira 2009 022 Carrilanas.JPG Festa da Dorna Ribeira 2009 021 Carrilanas.JPG

    [Clica nas fotos para visitar unha completa galería de fotos sobre as carrilanas de 2009 realizada por Festa a Festa]

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook