Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Santa Rita de Vilagarcía, festa por todo o alto

    DSC_7186A orquestra Panorama é un dos pratos fortes das festas de Santa Rita 2011 en Vilagarcía de Arousa que finalizan o luns coa París de Noia / © Foto: roxegar 2011

    A cidade de Vilagarcía de Arousa celebra estes días as súas festas de Santa Rita. Xunto co San Roque no mes de agosto, son as dúas principais citas festeiras da capital de Arousa Sur.

    Mercado medieval, charangas cada día, recinto de atraccións de feira e verbenas en varios puntos da cidade é o máis destacado desta edición que rematará o vindeiro luns, festivo local na cidade.

    O cartel de orquestras é de primeira liña nun intento de que as celebracións de Santa Rita recuperen o lustre doutros anos. Ata un total de seis orquestras pasarán por Vilagarcía nestes catro dás de festas:

    Venres 20.- orquestra PONTEVEDRA (na Alameda)

    Sábado 21.- orquestras LOS TROVADORES e RITMO JOVEN (no entorno da praza de abastos)

    Domingo 22.- grupo ALKAR (na Alameda) e orquestra PANORAMA (exterior do auditorio)

    Luns 23.- fin de festa coa orquestra PARÍS DE NOIA (exterior do auditorio)

    santarita111

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook