Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A terra do mellor pan de Galicia está de festas

    Carral 2011 - Festas do Socorro - cartel elaboración propia

    Cartel de Festa a Festa para as celebracións máis importantes de Carral: O Socorro

    FESTAS DO SOCORRO 2011 - CARRAL

    Os veciños carraleses están de festas durante catro días. Xa no mes de maio celebran a Festa do Pan con grande afluencia de público, pero estas son palabras maiores: O Socorro de Carral goza de gran prestixio no calendario verbeneiro da zona.

    Coa Festa da Empanada, un dos actos de máis afluencia nas festas carralesas, comeza hoxe a celebración do Socorro 2011. As formacións musicais que amenizarán a primeira verbena son o grupo LIMÓN e a orquestra EL COMBO DOMINICANO.

    E as celebracións seguen ata o domingo: o grupo asturiano TEKILA e a orquestra SALSA ROSA subirán ao palco o venres. O sábado será a vez do grupo MIDAS (xa en sesión vermú) e a renovada orquestra ISMAEL. O domingo, día da Queima do Panteón, o cerre de festas estará a cargo do grupo CANELA (xa en sesión vermú) e da orquestra ARMONÍA SHOW.

    Un ano máis o campo da feira carralés vai quedar pequeno para acoller o público festeiro que aproveitará unha das últimas citas coa festa na zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook