Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A voz de Sabugueiro despídese do palco da Sintonía

    Orquesta Sintonía de Vigo 2013 - 01 - BoiroArturo Sabugueiro retírase o próximo mes de outubro da orquestra que o viu facerse como unha das principais voces da verbena galega, Sintonía de Vigo /  © Foto roxegar 2013. Todos os dereitos reservados

    A finais de agosto comezan os bailes de altas e baixas para a vindeira temporada. Cada ano que pasa vén ocorrendo o mesmo. Este ano a primeira gran noticia en torno a este tema é a baixa de Arturo Sabugueiro, voz principal durante décadas da afamada orquestra SINTONÍA DE VIGO e peza carismática da verbena galega.

    Aínda que xa se viña rumoreando incluso desde o pasado 2012, é agora cando se fai oficial a raíz da entrevista que saíu esta semana no programa da TVG A favorita. Sabugueiro confirmou a baixa de SINTONÍA DE VIGO e dá por rematada a súa andaina musical na orquestra onde máis anos estivo traballando. Tamén deixou caer que haberá máis cambios na formación musical pero aínda así a esencia da SINTONÍA DE VIGO non se verá afectada; pero o certo é que no próximo mes de outubro Arturo Sabugueiro despedirase do escenario da orquestra que o viu formarse como unha das principais voces masculinas das orquestras galegas.

    Aínda que a formación musical se viu renovaba no repertorio e ofrece un segundo pase con música actual e de todos os estilos, a esencia de orquestra de baile tradicional permanece no ADN da banda, converténdoa nunha das orquestras máis elegantes do panorama verbeneiro galego.

    Sabugueiro é a primeira baixa confirmada de entre moitos cambios que se aveciñan para a vindeira temporada nas orquestras galegas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook