Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A xente nova de Luci vai de festa esta noite

    Canadá 2011 - orquesta - cartelHoxe en Luci tamén hai festa. Na localidade do concello de Teo teñen preparada para esta noite unha verbena especialmente dedicada para a xente nova. De tal evento encargaranse a orquestra CANADÁ e o grupo SUPER T. Ambas formacións musicais teñen repertorios adaptados a todas as idades pero tamén enfocados á xente nova, que quere ir ás festas para escoitar algo máis que cumbias e pasodobres. O grupo pontevedrés e a orquestra de Ponteceso saberán moi ben como levar hoxe a festa para contentar a todo o público asistente, especialmente xuventude.

    Pero aínda hai máis, unha sesión DJ da man de MARCOS MAGÁN e gogós (masculinos e femininos) para completar  espectáculo. Esta noite en terras de Teo a festa vai ser grande...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook