Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A xuventude de Forcarei vai de festa

    Forcarei 2011 - Festa da Xuventude en Aciveiro - cartel 2

    Completísimo programa para a Festa da Xuventude de Aciveiro, en terras de Forcarei. Achegamos o programa con todas as actividades festivas e salientamos no apartado musical a actuación do renovadísimo grupo TRIUNFO 2011, que trae nova montaxe, repertorio actualizado e moitas caras novas na formación musical. O grupo liderado por Chus Sestayo quere asinar esta temporada como grupo revelación do ano, non por ser unha formación nova senón por dar un salto importante na calidade global do traballo.

    E ademais do grupo pontevedrés hai que destacar a actuación dunha das grandes orquestras para 2011: COSTA OESTE. Tamén con novidades na montaxe e a reincorporación da que fora voz feminina durante 11 anos, Marta Valiño, que estará acompañada nas voces por Sonia Montero, Juan Carlos Terán e Javier Comesaña. A orquestra rianxeira tamén vai asinar unha boa temporada, un ano máis, grazas ao traballo ofrecido, repertorio completo para todos os públicos, e unha posta en escena coidada.

    Dúas boas razóns musicais para acudir hoxe a Aciveiro e un completo programa de actividades para gozar da Festa da Xuventude.

    Forcarei 2011 - Festa da Xuventude en Aciveiro - cartel 1

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook