Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Abanico cambia de voz para 2012

    Orquesta Abanico 2012 - Foto Elizabeth Guillén 1A canaria Ely Guillén é a nova voz da orquestra rianxeira Abanico

    A grande orquestra ABANICO trae novidades de cara á nova temporada 2012. Se hai dous anos presentaba a que sería a nova cantante da orquestra ata hoxe, Eva Iglesias, agora toca outra vez cambio e presenta a que será fichaxe estrela (e en principio única novidade na orquestra) para a próxima temporada, o seu nome: Elizabeth Guillén.

    Si, ese apelido é coñecido na verbena galega, estamos a falar da irmá de Mario Guillén, coñecido pola súa etapa nas orquestras OLYMPUS e ARMONÍA SHOW e actualmente na impresionante dianteira de GALILEA. Aínda que Ely está labrando o seu currículo por méritos propios: gravou un disco co famoso produtor e compositor Juan Carlos Calderón e representou a España no Festival de Viña del Mar 2010; ademais, a cantante canaria foi finalista en varios festivais a nivel local. E é que Canarias é unha importante canteira de vocalistas das orquestras galegas (Dunia Santana, Mar Robaina, etc...) aínda que a cantante xa ten certa experiencia no verbeneo galego, pois procede da orquestra NOVA PALMA de Corcubión, coa que estivo estas pasadas dúas tempadas.

    Se a orquestra ABANICO tivo dúas boas temporadas coa que ata hoxe era a súa cantante, Eva, que fichou por CINEMA para 2012, a nova etapa da formación musical rianxeira pasa por un cambio na súa dianteira a nivel feminino, porque o rexistro vocal de Ely Guillén é totalmente diferente ao que estamos acostumados a escoitar nas festas e que non ha de deixar indiferente a ninguén.

    A orquestra rianxeira prepara xa a nova temporada na que supoñemos que seguirá coa táctica destes últimos anos de éxito: repertorio bailable para todo o público no primeiro pase, e un segundo pase máis dedicado á xente nova cos últimos éxitos do momento e con algunhas pezas (sobre todo de rock moi contundente) moi ben tocadas e interpretadas polas voces masculinas.

    Orquesta Abanico 2012 - Foto Elizabeth Guillén 2Como experiencia nas orquestras de Galicia, a nova cantante de Abanico procede da Nova Palma

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook