Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Abrindo a festa en Lira

    Carnota 2011 - Remedios Novos de Lira - cartelDous días de festa en Lira para celebrar os Remedios Novos

    A localidade de Lira celebra a súa tradicional festa dos Remedios Novos. Hai redución de días de verbenas pero non de calidade. Hoxe actuará a orquestra coruñesa ALARMA abrindo as celebracións no día propio. Pero non será a única xornada festiva, o vindeiro mércores nada máis e nada menos que tres agrupacións musicais poñerán o broche de ouro ás festas de Lira, no concello de Carnota: SAMBA, GALILEA e MARBELLA; as tres afamadas bandas farán festa ata a mañá do sábado.

    Toda unha noite de festa que ten hoxe o seu aperitivo coa verbena no día propio da festa dos Remedios Novos.

    Orquesta Alarma 2009 0021 VilaboaA orquestra Alarma ameniza esta noite a verbena en Lira / © Foto: roxegar 2009

    Galilea 2011 - orquesta - cartel

    Galilea, xunto co grupo Samba e a orquestra Marbella farán o vindeiro venres a fin de festa

    Vídeos de Marbella e Samba. No caso de Marbella é un dos vídeos máis vistos en Festa a Festa da formación musical. No caso de Samba, o vídeo é inédito e está gravado na temporada pasada nas festas de San Román (A Laracha)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook