Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Acabáronse os Remedios de Lira

    Carnota 2011 - Festa dos Remedios Vellos de Lira- cartelCartel dos Remedios Vellos de Lira, segunda convocatoria festeira despois dos Remedios Novos celebrados hai pouco

    Primeiro foron os Remedios Novos e despois os Remedios Vellos. En terras de Carnota cerran hoxe as celebracións da man do grupo pontevedrés TRIUNFO e da orquestra EL COMBO DOMINICANO, que acaba de comezar a súa xira 2011 por Galicia.

    A formación musical canaria empezou hai uns días o novo tour galego no concello de Padrenda, hoxe fai a súa segunda data en Carnota, nas festas de Lira, e prosegue o calendario durante estes días. Tres datas importantes de EL COMBO DOMINICANO: nas festas do San Xoán de Carballo, en Imo (Catoira) e no San Cristovo de Baio, Zas, entre outras. Datas para ter en conta quen queira ver e gozar do espectáculo e sobre todo da música do COMBO. O swing do COMBO xa está en terras galegas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook