Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Accidente de altura

    Orquesta Panorama 2011Lydia Salar, unha das dúas cantantes da orquestra Panorama, nunha actuación de 2011 / © Fotos: roxegar 2011

    O pasado xoves actuaba a orquestra PANORAMA por terras larachesas, concretamente en Soandres, pero esta vez non foi un bo día para a formación musical e puido chegar a ser nefasto. Lydia Salar, unha das dúas cantantes, sufría un accidente en plena actuación. A crónica chéganos dunha festeira amiga de Festa a Festa e seguidora da orquestra que viu todo desde a primeira fila.

    Chegaba o momento dun dos temas estrela deste ano en PANORAMA, o éxito de Queen Who wants to live forever? no que Lydia Salar ascende sentada nun aro en forma de estrela mentres a compañeira Bali ofrece un número de teas tamén a considerable altura. Parece ser que un refacho de aire puido ser a causa de que Lydia perdese o equilibrio e intentase sen éxito agarrarse. A cantante caeu ao escenario desde unha altura estimada de cinco metros.

    Como podemos imaxinar, o susto foi monumental e todos os compañeiros correron a reanimar a Lydia. Á nosa amiga quedoulle gravada a imaxe de Lito botando as mans á cabeza e os primeiros instantes nos que non se sabía o alcance da caída. Tempo despois, a cantante tivo que ser trasladada en ambulancia ao CHUAC da Coruña. Iso si, ía en todo momento consciente e incluso mostrou xestos de cariño e intentou esbozar sorrisos para os seguidores e público que alí estaban presenciando o sucedido e dando todo o apoio mesmo con aplausos cando baixaba do escenario na padiola.

    O venres Lydia Salar xa estaba na súa casa recuperándose e desde a orquestra PANORAMA insístese en que, afortunadamente, foi máis que nada un susto aínda que terá que estar de baixa aproximadamente tres semanas.

    Desde Festa a Festa, primeiro como administrador do blog e segundo, a título persoal, como seguidor de PANORAMA envío a Lydia e a toda a orquestra unha mensaxe de apoio e ánimo ademais da pronta recuperación. Queremos ver canto antes a Lydia de novo no escenario pero, sobre todo, totalmente restablecida.

    Orquesta Panorama 2011

    Lydia Salar interpretando Who wants to live forever? na Gala contra o cancro deste ano celebrada en Ordes / © Fotos: roxegar 2011

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook